Organización de eventos, festas e verbenas
Tanto públicos como privados
Xa sexan festas populares, eventos de empresa, celebracións particulares…
Eventos de todo tipo
Non só de festas vive o home, tamén podemos axudarche con eventos deportivos, feiras de mostras, días de exaltación, etc.

Estes son algúns dos servizos que desenvolvemos na organización de eventos, festas e verbenas.
Documentación
Presentación e solicitude de permisos ante as administracións correspondentes.
Seguros e outras obrigas.
Declaracións responsables e licenzas
Tanto de carácter autonómico como municipal ou con calquera outra administración que sexa necesario.
Contratación de espectáculos
Dende orquestras ata solistas, pasando por charangas, corais, grupos ou outros artistas (magos, clowns, etc.)
Provisión loxística
Encargámonos tamén de toda a loxística: valados, servizos públicos, sinalizacións, etc., tanto en festas e verbenas como en eventos (carreiras populares, feiras, etc.).
Limpeza e reacondicionamento
Unha vez rematado o evento, deixaremos todo tal e como estaba.
Bares e restauración.
Encargámonos tamén de contactar con provedores de bares e restauración (tanto servizos de cátering como pulpeiros, asadores de carne, etc.).