Expertos en Organización de Eventos e Verbenas en Galicia
Organización de Eventos, verbenas e espectáculos.
Festas populares, feiras, verbenas… calquera tipo de evento precisa cumprir unhas condicións de coordinación e de calidade que nós cumprimos.
Servizos e infraestrutura personalizados.
Precisas un servizo determinado? Reduce os teus custos fixos externalizando o acondicionamento e posta a punto de recintos públicos e para eventos.
Aluguer de equipamento.
Se o que queres é dispoñer de elementos físicos como baños portátiles, sinalización, valados, cantinas e barras, escenarios móbiles, etc., contamos cun amplo stock dispoñible para aluguer.
Empresa especializada na organización de eventos e espectáculos



Dende a solicitude de permisos con todas as administracións onde fosen necesarios (cortes de tráfico, permisos municipais, etc.) ata a recollida e limpeza posterior á celebración.
Encargámonos tanto de eventos multitudinarios como festas e verbenas, como doutros máis privados, como poden ser vodas e outros eventos.
Podemos contratar os espectáculos (orquestras, charangas, grupos, etc.), o cátering, agasallos, fogos artificiais, ambulancias, plans de seguridade e evacuación, etc.
Adaptámonos ao teu orzamento para organizar o evento inesquecible que tes en mente.
Servizos, infraestruturas e externalizacións
Limpeza e acondicionamento
Esquécete de todo o que non sexa pasalo ben, nós encargámonos do resto.
Monitores e atención a nenos
Durante o evento estarás máis tranquil@ e os nenos pasárano ben con monitores e actividades dirixidas a eles.
Reparacións e posta a punto
Se precisas especialistas para resolver calquera contratempo: avarías, reparacións, etc... chámanos.
E moito máis
Se non contamos co servizo que precisas, seguro que atopamos quen o faga. Non dubides en preguntar.
Alugueres puntuais ou permanentes de equipamento

Carpas
Instalamos carpas por módulos para adaptarnos ao tamaño que precises, tanto abertas como pechadas, en calquera época do ano.

mesas, cadeiras, vaixelas...
Ocupámonos de todo o necesario para un evento ou banquete, incluíndo o persoal de cociña e de sala.

Cantinas para verbenas
As cantinas son unha parte esencial das festas populares, non quededes sen elas.

Baños portátiles
Dispomos de baños para eventos e encargámonos da súa posta en funcionamento, limpeza e recollida.

Escenarios móbiles
Para pequenos eventos familiares ou verbenas populares e parroquiais, os nosos escenarios son modulables.

Valados, xeradores, etc.
Elementos de sinalización e delimitación así como auxiliares (xeradores, focos, bombas de calor, etc.)